Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • Emprego
arteixocca
  • 0
    • Emprego
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos

Participa nos obradoiros do magosto

da man de Un Mar de Cores

Venres 9 de outubro | 18:00–19:00 h

Cúpula do Parque, ao carón da Igrexa

15 prazas dobres | A partir de 4 anos

Unha tarde para xogar, crear e manchar as mans con follas, castañas e outros materiais do outono. Un obradoiro artístico da man de Un Mar de Cores, pensado para que os máis pequenos deixen voar a imaxinación e leven para casa a súa propia creación. 

O obradoiro será ao aire libre, así que lembrade vir con roupa axeitada ao tempo que faga ese día e, sobre todo, con roupa que se poida manchar.

Cada praza é para unha crianza acompañada dunha persoa adulta. Unha mesma persoa adulta pode acompañar a dúas crianzas, pero nese caso será necesario solicitar dúas prazas independentes e presentar dous tickets diferentes.

Como solicitar praza?

Neste momento temos unha incidencia técnica coa páxina de reservas, así que provisionalmente as solicitudes faranse por correo electrónico.

Para pedir praza, escríbenos a:

participa@empresasarteixo.org

No correo debes indicar:

  • Que queres praza para o obradoiro Magosto Infantil
  • Nome e apelidos da persoa adulta
  • Nome e idade da crianza
  • Fotografía dun ticket de compra superior a 10 € realizado nunha empresa asociada a AEMA

Cada crianza necesita a súa propia solicitude e o seu propio ticket. O ticket pode ser de calquera data, pero non pode utilizarse o mesmo ticket para máis dunha praza nin para os dous obradoiros.

As prazas adxudicaranse por orde de recepción dos correos completos, mentres haxa dispoñibilidade. A praza non quedará confirmada ata que recibamos e validemos toda a información e vos respondamos confirmándoa.

Como contamos con só 15 prazas para peques, pedímosvos que solicitedes praza unicamente se realmente tedes previsto participar. Se despois de ter a praza confirmada finalmente non podedes vir, avisádenos canto antes para que outra familia poida aproveitala.

Podes consultar aquí o listado de empresas asociadas a AEMA:

[LIGAZÓN AO LISTADO DE EMPRESAS ASOCIADAS]

Venres 9 de outubro | 20:30–22:00 h

Capela do Balneario

20 prazas individuais | Maiores de 18 anos

Unha proposta diferente para descubrir como a natureza tamén pinta. Da man de Un Mar de Cores, experimentaremos con tintes naturais, aprenderemos algo novo e desfrutaremos dun rato creativo arredor das cores e dos materiais do outono.

Como solicitar praza?

Mentres resolvemos unha incidencia técnica coa páxina de reservas, as solicitudes faranse provisionalmente por correo electrónico.

Para pedir praza, escríbenos a:

participa@empresasarteixo.org

No correo debes indicar:

  • Que queres praza para o obradoiro Magosto Adultos
  • Nome e apelidos
  • Fotografía dun ticket de compra superior a 10 € realizado nunha empresa asociada a AEMA

O ticket pode ser de calquera data, pero cada ticket só pode utilizarse para unha praza e un obradoiro.

As prazas adxudicaranse por orde de recepción dos correos completos, mentres haxa dispoñibilidade. A praza quedará confirmada unicamente cando recibamos e validemos a información e vos respondamos por correo confirmándoa.

Como contamos con só 20 prazas, pedímosche que solicites praza só se realmente tes previsto asistir. Se finalmente non podes vir despois de tela confirmada, avísanos canto antes para poder ofrecérllela a outra persoa.

Podes consultar aquí o listado de empresas asociadas a AEMA:

[LIGAZÓN AO LISTADO DE EMPRESAS ASOCIADAS]


Estamos mellorando a web


Se buscabas outra info podes contactar con nos seguindo as ligazóns


 Whatsapp  Correo electrónico


Reforzo do equipo da Asociación das Empresas de Arteixo a través do programa TR349Z

A Asociación das Empresas de Arteixo é beneficiaria dunha axuda para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no marco do programa TR349Z, promovido pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A actuación permite incorporar ao equipo da Asociación dúas persoas mozas durante nove meses e a xornada completa, co dobre obxectivo de proporcionarlles unha experiencia profesional que contribúa a mellorar a súa empregabilidade e, ao mesmo tempo, reforzar a capacidade de traballo da entidade e os servizos que prestamos ao tecido empresarial de Arteixo.

En que consiste a actuación?

A actuación concrétase na contratación de dous perfís profesionais:

Persoa de apoio á Xerencia e á xestión administrativa

Incorpórase para prestar apoio á Dirección na xestión diaria da Asociación e na execución dos seus proxectos e actividades. Entre as súas funcións atópanse o apoio na xestión administrativa e documental, facturación e pagos, atención ás empresas asociadas, actualización de bases de datos e ferramentas de xestión, apoio na organización de campañas e eventos, seguimento de subvencións e colaboración nas tarefas operativas derivadas da actividade da entidade.

Asistente de Comunicación e Creación de Contidos

Incorpórase para reforzar a comunicación da Asociación e dos proxectos que desenvolve. As súas funcións inclúen a creación e planificación de contidos para redes sociais, fotografía e vídeo, deseño de materiais gráficos, actualización da web, campañas dixitais, redacción de contidos, apoio á comunicación de eventos e colaboración na execución da estratexia de comunicación da entidade.

As dúas contratacións realízanse de acordo coas condicións establecidas no programa TR349Z para organismos intermedios sen ánimo de lucro e están vinculadas ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Obxectivos da actuación

A actuación ten como obxectivos:

  • proporcionar ás persoas mozas contratadas experiencia e práctica profesional que favorezan a súa empregabilidade e inserción laboral;

  • reforzar a estrutura técnica e operativa da Asociación;

  • mellorar a atención e os servizos prestados ás empresas asociadas;

  • incrementar a capacidade para desenvolver proxectos, campañas e actividades de dinamización empresarial;

  • reforzar a comunicación e a difusión das iniciativas da Asociación e do tecido empresarial de Arteixo.

Resultados da actuación

Como resultado inmediato da posta en marcha desta actuación, a Asociación das Empresas de Arteixo incorpora dúas persoas ao seu equipo durante un período de nove meses, ampliando os recursos dispoñibles para a xestión, a atención ás empresas, a comunicación e o desenvolvemento dos seus proxectos.

Ao mesmo tempo, a actuación permite ás persoas contratadas adquirir experiencia profesional real nunha entidade empresarial, desenvolver competencias vinculadas aos seus respectivos perfís e mellorar as súas posibilidades de incorporación ao mercado laboral.

Deste xeito, o programa xera un dobre impacto: mellorar a empregabilidade das persoas mozas participantes e reforzar a capacidade da Asociación para prestar servizos e impulsar iniciativas en beneficio do tecido empresarial de Arteixo.

Actuación cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Cofinanciado pola Unión Europea

 

Apoios

Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © Arteixo CCA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto