Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Robótica con LEGO, da man de Academia Lidia
 
Sold Out

Robótica con LEGO, da man de Academia Lidia

Actividades de Nadal para peques

INFORMACIÓN XERAL

Este taller está pensado para as nenas e nenos de Arteixo, e forma parte das actividades creadas pola Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo.

Estamos moi orgullosas de contarche que esta proposta nace grazas á gran rede de pequenas empresas que temos no noso concello, e que foi deseñada e posta en marcha por unha empresa asociada ao CCA.

É unha actividade gratuíta, sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10 € por cada inscrición realizada.

Neste caso, o taller está pensado exclusivamente para menores, polo que non é necesaria a presenza dunha persoa adulta durante a actividade.

Con todo, é obrigatorio que a mesma persoa que deixa á nena ou neno sexa quen veña recollelo/a á hora acordada.

Se por algún motivo isto non é posible, a familia deberá comunicarllo ese mesmo día á organización e autorizar expresamente por escrito quen será a persoa responsable da recollida.

En ambos casos, tanto para deixar como para recoller ao menor, será obrigatorio presentar o DNI da persoa autorizada.

Cada nena ou neno require unha inscrición independente.

Unha vez realices a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza e as instrucións para enviarnos a foto do ticket dentro do prazo establecido.

Unha vez validado o ticket, recibirás a reconfirmación da túa praza.

No caso de non enviar o ticket na forma e nos prazos indicados, a praza liberarase automaticamente para que outras familias poidan utilizala.

A inscrición vai ligada a  subscrición ao boletin de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo. 

Esta propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.

Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.


DETALLES DO TALLER

Este Nadal, a creatividade e a tecnoloxía únense nun taller cheo de imaxinación.

Da man de Academia Lidia, as nenas e nenos descubrirán o mundo da robótica con LEGO, construíndo pequenas creacións que cobran vida a través do xogo, da programación inicial e da experimentación.

Un espazo perfecto para estimular a curiosidade, a resolución de problemas e o pensamento lóxico nun ambiente seguro, divertido e adaptado á súa idade. Aquí, cada peza conta e cada idea pode converterse en algo sorprendente.

Idade: peques de 6 a 11 anos

Onde, cando e duración

Lugar: Capela do Balneario

Data: Luns 29 de Decembro

Hora: 18:30h

Duración: 60 minutos

Para participar nesta actividade

É necesario cubrir o formulario online de inscrición. 

Ao facelo, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza xunto coas indicacións para enviarnos a foto dun ticket ou recibo, de compra mínima de 10 € nalgun dos establecementos do CCA.

Por cada peque participante deberás cubrir un formulario e enviar un ticket de compra diferente.

Este ticket debe enviarse dentro do prazo indicado; unha vez recibido, reconfirmaremos a túa praza por correo. Se non o envías no prazo e forma establecidos, a praza liberarase automaticamente para que poida ser utilizada por outras familias.

A inscrición implica tamén a subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos con moito coidado: comunicamos pouco, sempre con contido útil que  serve para fortalecer a comunidade local e manterte ao día das actividades.




Sold Out
Event Info
Lugar
A Capela
--A Capela--
--A Capela--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos
Default

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto