PequeMúsica de Nadal, da man da Academia de Inglés Betty Queiro
Actividades de Nadal para peques e familias
Este taller está pensado para as nenas e nenos de Arteixo, e forma parte das actividades creadas pola Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo.
Estamos moi orgullosas de contarche que esta proposta nace grazas á gran rede de pequenas empresas que temos no noso concello, e que foi deseñada e posta en marcha por unha empresa asociada ao CCA.
É unha actividade gratuíta, sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10 € por cada inscrición realizada.
Neste caso, o taller está pensado exclusivamente para menores, polo que non é necesaria a presenza dunha persoa adulta durante a actividade.
Con todo, é obrigatorio que a mesma persoa que deixa á nena ou neno sexa quen veña recollelo/a á hora acordada.
Se por algún motivo isto non é posible, a familia deberá comunicarllo ese mesmo día á organización e autorizar expresamente por escrito quen será a persoa responsable da recollida.
En ambos casos, tanto para deixar como para recoller ao menor, será obrigatorio presentar o DNI da persoa autorizada.
Cada nena ou neno require unha inscrición independente.
Unha vez realices a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza e as instrucións para enviarnos a foto do ticket dentro do prazo establecido.
Unha vez validado o ticket, recibirás a reconfirmación da túa praza.
No caso de non enviar o ticket na forma e nos prazos indicados, a praza liberarase automaticamente para que outras familias poidan utilizala.
A inscrición vai ligada a subscrición ao boletin de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo.
Esta propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.
Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.
Este Nadal queremos crear un espazo acolledor, tranquilo e cheo de pequenas emocións para que as familias poidan gozar xuntas da música.
Da man da Academia de Inglés Betty Queiro, chega un taller pensado especialmente para peques de 2 e 3 anos: suave, sensorial, musical e moi especial.
Durante a sesión exploraremos o Nadal a través de:
• actividades musicais sinxelas
• experiencias sensoriais adaptadas
• movemento suave
• xogos de percusión e xogos coas mans
• unha sesión de cancións
• un pequeno contacontos de Nadal adaptado á súa idade
É unha actividade pensada para desfrutar sen présas, favorecer o vínculo, a seguridade e a curiosidade, e acompañar o Nadal cun momento de calma e xogo compartido.
Idade: Peques de entre 2 e 3 anos
Onde, cando e duración
Lugar: Academia de Inglés Betty Queiro
Data: Martes 30 de Decembro
Hora: 17.30h
Duración: 60 minutos
Para participar nesta actividade
É necesario cubrir o formulario online de inscrición.
Ao facelo, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza xunto coas indicacións para enviarnos a foto dun ticket ou recibo, de compra mínima de 10 € nalgun dos establecementos do CCA.
Por cada peque participante deberás cubrir un formulario e enviar un ticket de compra diferente.
Este ticket debe enviarse dentro do prazo indicado; unha vez recibido, reconfirmaremos a túa praza por correo. Se non o envías no prazo e forma establecidos, a praza liberarase automaticamente para que poida ser utilizada por outras familias.
A inscrición implica tamén a subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos con moito coidado: comunicamos pouco, sempre con contido útil que serve para fortalecer a comunidade local e manterte ao día das actividades.