Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Un Paseiño no día da festa
 
Sold Out

Un Paseiño no día da festa

A pasarela da 1900

Prepárate para o Paseíño no día da festa! O sábado 18 de outubro ás 19:00 h, a rúa Canonigo Cándido Varela converterase nunha pasarela de humor, tradición e alegría.

Vén vestida de época, soa, en parella ou co teu grupo, e participa neste concurso de caracterizacións que premiará a creatividade e o espírito de 1900 con vales de compra por valor de ata 400 € nas pequenas empresas de Arteixo.

As prazas son limitadas, así que busca o teu grupo, reserva o teu número e… preme o botón e inscríbete no Paseíño!

A inscrición implica a aceptación das bases de participación aquí detalladas.

1. Obxectivo da actividade

Esta acción forma parte da promoción do CCA para a Feira do 1900, unha das festas máis queridas e emblemáticas de Arteixo.

O CCA Arteixo (Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo), con CIF G15700818  en colaboración co Concello de Arteixo, organiza o desfile popular “Un paseíño no día da festa”: unha pasarela chea de vida, humor e espírito de aldea que celebra a creatividade e a alegría de participar na Feira 1900.

Non se trata dun desfile formal, senón dun xogo colectivo para amosar traxes, enxeño e ilusión por compartir un momento único na rúa e coas veciñas e veciños.

2. Data, lugar e horario

O desfile celebrarase o sábado 18 de outubro de 2025, ás 19:00 h, na rúa Canonigo Cándido Varela.

As persoas participantes deberán presentarse ás 18:45 h na mesa do CCA, onde se realizará a recepción e se lles asignará o número de orde para o seu pase pola pasarela.

3. Participación

A inscripción implica a aceptación das bases de participación.

Pode participar calquera persoa, familia ou grupo de amizades que queira vivir a feira con ilusión e ganas de xogar, e necesaria a inscrición previa a través desta mesma páxina.

As persoas menores de idade poderán participar sempre que estean acompañadas dunha persoa adulta responsable.

Haberá dúas categorías de participación:

  • Individual ou parellas (ata 2 persoas).
  • Grupos (3 ou máis persoas).

4. Requisitos

É obrigatorio participar con vestimenta de época (1900).

Non se busca a perfección do traxe nin a calidade das costuras, senón creatividade, simpatía e espírito de festa.

A elegancia das costuras completarase co sorriso, o andar e a maneira de vivir este día de celebración.

5. Xurado e valoración

O desfile contará cun xurado moi especial, que valorará:

  • O enxeño e a orixinalidade das propostas.
  • A simpatía e o espírito de 1900 das participantes.
  • A actitude e a posta en escena, máis aló da confección do traxe.

Tamén contaremos cun presentador convidado, que animará a pasarela con humor e cariño, facendo deste paseo unha auténtica festa de aldea.

6. Premios

Entregarase un premio por categoría:

  • 150 € en vales de compra na categoría individual/parellas.
  • 400 € en vales de compra na categoría de grupo (mínimo 3 persoas).

Os vales poderán empregarse en calquera das pequenas empresas asociadas ao CCA Arteixo ata o 31 de decembro de 2025.

Os premios non poderán ser trocados por diñeiro.

7. Inscrición

As prazas son limitadas, polo que se recomenda inscribirse canto antes.

A inscrición deberá realizarse a través do formulario oficial dispoñible na web:

https://xestion.ccaarteixo.com

As participantes poderán facelo de forma individual, en parella ou en grupo (mínimo 3 persoas).

O día do desfile, deberán presentarse 15 minutos antes do inicio (18:45 h) na mesa do CCA para confirmar a asistencia e recoller o número de orde.

8. Protección de datos e uso de imaxes

A Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo (CCA Arteixo), como responsable do tratamento, garante que os datos persoais serán utilizados unicamente para a xestión desta actividade e para comunicar información relacionada coa Feira 1900.

Durante o evento poderán tomarse fotografías e vídeos co obxectivo de difundir a actividade nas redes sociais, medios de comunicación e materiais promocionais do CCA Arteixo e do Concello de Arteixo.

A participación no desfile implica a autorización expresa para o uso da imaxe das persoas participantes con fins divulgativos e non comerciais, de acordo coa normativa vixente (LOPDGDD e RGPD) Mais información en https://xestion.ccaarteixo.com/privacy

As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición escribindo a cca@ccaarteixo.com.

9. Aceptación das bases

A participación neste desfile implica a aceptación expresa das presentes bases.

O CCA resérvase o dereito de cancelar, modificar o horario, lugar ou condicións da actividade por causas organizativas ou de forza maior, mantendo sempre o espírito desta acción.




​





Apoios

Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro

 

Sold Out
Event Info
Lugar
Rúa Canónigo Candido Varela
--Rúa Canónigo Candido Varela--
--Rúa Canónigo Candido Varela--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos
Default

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto