Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Obradoiro de tapiz vexetal con Iria do Castelo
 

Obradoiro de tapiz vexetal con Iria do Castelo

Asociación das Empresas de Arteixo na Feira 1900

Obradoiro de tapiz vexetal con Iria do Castelo

Follas de millo, landras, palla, pequenas pólas… Materiais da nosa contorna que nos conectan co outono e coa memoria das tarefas do campo que xuntaban a veciñanza: a esfolla, a malla ou o magosto.

Para celebrar os 25 anos da Feira Histórica Arteixo 1900, crearemos entre todas un tapiz vexetal colectivo de 3 × 2 metros, acompañadas por Iria do Castelo, artista que se criou en Arteixo e que traballa coa escultura, a ilustración e o gravado. Ela guiaranos para explorar as posibilidades dos materiais naturais e combinar as súas formas, cores e texturas.

A inspiración estará na paisaxe, na memoria rural e nas historias compartidas de Arteixo. Cada participante incorporará unha parte á obra e, coa suma de todas esas achegas, iremos construíndo un tapiz común. Porque a memoria dun lugar tamén se fai así: co que cada persoa lembra, comparte e achega.

Non precisas experiencia previa, só ganas de probar, crear coas mans e participar.

Cando e onde?

O venres 16 de outubro, nunha carpa diante do Parque do Hórreo, ao lado do Centro Cívico, xusto onde se colocará o cruceiro da Feira de 1900.

Haberá tres quendas:

  • De 17:00 a 18:00 h.

  • De 18:00 a 19:00 h.

  • De 19:00 a 20:00 h.

Ao facer a reserva, preguntarémosche en que quenda queres participar. Escolle a que prefiras. Se quedan prazas libres na seguinte, poderás continuar se che apetece.

Como reservar?

A actividade é para persoas adultas e peques a partir de 6 anos. Podes reservar ata 4 prazas xuntas.

Conta unha praza por cada persoa que vaia participar, tamén polas adultas acompañantes. Por exemplo, se vén unha nai con dous peques, necesita reservar tres prazas.

Os menores non poden participar sós: deben estar acompañados durante todo o obradoiro por unha persoa adulta que tamén teña a súa praza reservada.

Un ticket por reserva

Para participar, é necesario presentar un ticket, factura ou recibo dunha compra de 10 € ou máis nun dos establecementos asociados. Un único ticket serve para todas as prazas da mesma reserva, ata un máximo de catro.

Podes consultar aquí o listado completo de establecementos asociados.

Podes enviar unha fotografía por WhatsApp ao 608 549 011, indicando «Obradoiro 1900» e o nome da persoa que fixo a reserva, ou presentalo ao chegar ao obradoiro, en papel ou no móbil.

Se non tes á man a factura ou o recibo dun servizo —academias, escolas, corredurías de seguros…—, podes escribirnos un whatsapp dicindo o nome da clienta, o servizo e a empresa. Nós contactaremos coa empresa socia para confirmar os datos.

Que podes traer?

Se tes ocasión, animámoste a traer materiais vexetais para incorporar ao tapiz:

  • Follas de eucalipto, figueira, castiñeiro, carballo ou outras árbores, frescas ou secas.

  • Castañas, landras, sementes e pequenas piñas.

  • Follas e casulos de millo, palla seca ou xuncos.

  • Pólas finas, fibras vexetais ou cascas de árbores.

Non é imprescindible traer materiais, pero será bonito que o tapiz teña tamén un anaquiño da túa contorna.

Non vas poder vir?

Avísanos canto antes para que poidamos ofrecer as prazas a outras persoas. Se só falta alguén do teu grupo, comunícanolo tamén: cada praza conta.

Agás en casos de forza maior, as persoas que non asistan e non avisen non poderán reservar nas actividades da seguinte campaña e cancelaranse as súas restantes reservas nesta campaña.

Para calquera dúbida ou para comunicar unha cancelación, podes escribirnos por WhatsApp ao 608 549 011.

Grazas por mercar en Arteixo e por sumarte a esta creación compartida.

Vémonos no 1900!


Se necesitas ampliar esta información podes contactar con nos 

participa@empresasarteixo.org

+34 608 54 90 11

Event Info
Lugar
Obradoiros da 1900
Carpa AEMA Feira 1900
A carón do Parque do Hórreo, ao lado do Centro Cívico, xusto onde se colocará o cruceiro da Feira de 1900.
--Obradoiros da 1900--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos
Default
1ª Quenda (17.00h - 18.00h) / Obradoiro tapiz vexetal na 1900
Sales end on 14:00, 16/10/26 (Europe/Madrid)
Gratuíto

(Max. 4)

2ª Quenda (18.00h - 19.00h) / Obradoiro tapiz vexetal na 1900
Sales end on 14:00, 16/10/26 (Europe/Madrid)
Gratuíto

(Max. 1)

3ª Quenda (19.00h - 20.00h) / Obradoiro tapiz vexetal na 1900
Sales end on 14:00, 16/10/26 (Europe/Madrid)
Gratuíto

(Max. 4)

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto