Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Obradoiro Cestería
 
Sold Out

Obradoiro Cestería

Saberes de Aldea

"Obradoiro de Cestería"

Da man de Seoane Textil, mergullarémonos nun dos oficios máis antigos e fermosos da humanidade: a cestería tradicional, unha arte con máis de 40.000 anos de historia que formou parte da vida nas aldeas e da nosa identidade galega e arteixá.

Neste obradoiro recuperaremos a arte do trenzado, creando o noso propio cesto con cordóns de algodón, retais de liño reciclado e fío cosido.

Mentres aprendes a técnica, coñecerás tamén o valor cultural e simbólico desta práctica artesanal que une creatividade, paciencia e memoria.

Un espazo tranquilo e inspirador para redescubrir a beleza do feito a man, conectar coa tradición e celebrar a sostibilidade e o talento local.

  • Domingo 19 de outubro ás 11:00 h
  • Carpa da Praza do Balneario (Feira do 1900)
  • Gratuíto presentando un ticket de compra mínimo de 10 € dun establecemento do CCA (dos últimos tres meses).

Se non se presenta ticket, o prezo será de 30 € por persoa.

As prazas son limitadas, así que reserva canto antes a túa praza e vive unha mañá de feira creando coas mans e co corazón.

E necesaria unha inscrición por cada participante.

A inscrición implica a aceptación das bases de participación aquí detalladas.


1. Obxectivo da actividade

Esta acción forma parte da promoción do CCA para a Feira do 1900, organizada polo CCA Arteixo (Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo), con CIF G15700818, en colaboración co Concello de Arteixo.

Os obradoiros “Saberes da Aldea” buscan recuperar e compartir a sabedoría popular das aldeas de antes a través de tres propostas diferentes:

  • Herbas da aldea: saberes populares e remedios de sempre.
  • Elaboración artesanal de manteiga.
  • Cestería tradicional.

Un espazo para aprender, tocar e lembrar, como se facía nas casas e prazas das aldeas, e para vivir xuntas unha mañá de aprendizaxe, memoria e comunidade.

2. Data, lugar e horario

Os obradoiros desenvolveranse o domingo 19 de outubro de 2025, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na carpa situada na Praza do Balneario (Feira do 1900).

Durante ese tempo impartiranse os tres obradoiros de forma simultánea, e cada participante poderá elixir o que desexe no momento de formalizar a inscrición.

3. Participación

A actividade está aberta a persoas de todas as idades.

  • As menores de 12 anos deberán asistir acompañadas dunha persoa adulta responsable.
  • As participantes de entre 13 e 17 anos precisarán presentar autorización asinada pola súa persoa titora legal, dispoñible para descarga nesta ligazón
  • As prazas son limitadas, polo que é imprescindible inscrición previa.
  • É necesaria unha inscrición por cada persoa participante.

4. Condicións de participación

A participación é gratuíta presentando un ticket de compra de, polo menos, 10 €, emitido por calquera establecemento asociado ao CCA Arteixo, cunha data dentro dos tres meses anteriores ao taller.

  • Cada persoa participante deberá presentar o seu ticket físico ou dixital o día da actividade, antes de comezar o obradoiro.
  • No caso de non presentar o ticket, poderá acceder aboando unha cota de 30 € por persoa no momento da actividade.
  • O ticket deberá corresponder a unha única persoa participante (non se admitirá un mesmo ticket para varias inscricións).

Podes consultar o listado completo de comercios adheridos ao CCA nesta ligazón

5. Inscrición

A inscrición realizarase de maneira previa a través do formulario oficial dispoñible nesta mesma páxina web.

Unha vez confirmada a inscrición (recibirás un correo de confirmación), as persoas participantes deberán presentarse o domingo 19 de outubro ás 10:50 h na carpa da Praza do Balneario para realizar o control de asistencia e presentar o ticket de compra.

6. Protección de datos e uso de imaxes

A Asociación de Pequenas Empresas de Arteixo (CCA Arteixo), como responsable do tratamento, garante que os datos persoais serán utilizados unicamente para a xestión desta actividade e para comunicar información relacionada coa Feira 1900.

Durante a realización dos obradoiros poderanse tomar fotografías e vídeos co obxectivo de difundir a actividade nas redes sociais, medios de comunicación e materiais promocionais do CCA Arteixo e do Concello de Arteixo.

A inscrición implica a autorización expresa para o uso da imaxe das persoas participantes con fins divulgativos e non comerciais, conforme á normativa vixente (LOPDGDD e RGPD).

As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición escribindo a cca@ccaarteixo.com.

7. Aceptación das bases

A participación nos obradoiros “Saberes da Aldea” implica a aceptación expresa das presentes bases.

O CCA resérvase o dereito de cancelar a actividade ou modificar o horario, a ubicación ou as condicións da actividade por causas organizativas ou de forza maior, mantendo sempre o espírito desta acción: promover o comercio local e poñer en valor a cultura e os saberes tradicionais de Arteixo.

 

Apoios

Esta asociación e todas as actividades que desenvolve é posible grazas ao traballo das nosas socias, ao apoio das institucións e sobre todo, grazas a ti, que cada día apostas por quedar en Arteixo, por mercar na casa, por confiar nas pequenas empresas que fan barrio, que fan comunidade, que fan futuro

 

Sold Out
Event Info
Lugar
Plaza do balneario
--Plaza do balneario--
--Plaza do balneario--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto