Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Nadal consciente: Adornos con historia, da man de Un Mar de Cores + A Despensa que Pensa
 
Sold Out

Nadal consciente: Adornos con historia, da man de Un Mar de Cores + A Despensa que Pensa

Actividades de Nadal para peques

INFORMACIÓN XERAL

Este taller está pensado para as nenas e nenos de Arteixo, e forma parte das actividades creadas pola Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo.

Estamos moi orgullosas de contarche que esta proposta nace grazas á gran rede de pequenas empresas que temos no noso concello, e que foi deseñada e posta en marcha por dúas empresas asociada ao CCA.

É unha actividade gratuíta, sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10 € por cada inscrición realizada.

Neste caso, o taller está pensado exclusivamente para menores, polo que non é necesaria a presenza dunha persoa adulta durante a actividade.

Con todo, é obrigatorio que a mesma persoa que deixa á nena ou neno sexa quen veña recollelo/a á hora acordada.

Se por algún motivo isto non é posible, a familia deberá comunicarllo ese mesmo día á organización e autorizar expresamente por escrito quen será a persoa responsable da recollida.

En ambos casos, tanto para deixar como para recoller ao menor, será obrigatorio presentar o DNI da persoa autorizada.

Cada nena ou neno require unha inscrición independente.

Unha vez realices a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza e as instrucións para enviarnos a foto do ticket dentro do prazo establecido.

Unha vez validado o ticket, recibirás a reconfirmación da túa praza.

No caso de non enviar o ticket na forma e nos prazos indicados, a praza liberarase automaticamente para que outras familias poidan utilizala.

A inscrición vai ligada a  subscrición ao boletin de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo. 

Esta propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.

Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.


DETALLES TALLER

Un taller de Nadal que combina educación ambiental, consumo consciente e expresión artística.

Este Nadal, dúas empresas socias únense para propoñer ás nenas e nenos de Arteixo un taller creativo e sostible.

Por unha banda, Un Mar de Cores, compañía creativa que mestura arte e educación ambiental.

Pola outra, A Despensa que Pensa, unha tenda de residuo cero e produtos ecolóxicos que nos lembra que consumir tamén é unha forma de coidar o planeta.

Xuntas ofrecen un taller de adornos de Nadal no que elaborarán un adorno mentres traballan valores como o consumo consciente, o coidado do medio e a expresión artística. Ao rematar, levarán o seu adorno e unha pequena sorpresa como recordo do encontro.

O taller busca:

• fomentar a creatividade nun entorno lúdico

• achegar á infancia á sostibilidade e ao consumo responsable

• potenciar valores como a cooperación, a paciencia e a alegría compartida

Material que deben traer:

• un frasco de vidro de boca ancha envolto en papel

• unha bolsa de plástico

Idade: Peques de entre 5 e 12 anos

Onde, cando e duración

Lugar: Capela do Balneario

Data: Vernes 26 de Decembro

Hora: 17:30h

Duración: 60 minutos

Para participar nesta actividade

É necesario cubrir o formulario online de inscrición. 

Ao facelo, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza xunto coas indicacións para enviarnos a foto dun ticket ou recibo, de compra mínima de 10 € nalgun dos establecementos do CCA.

Por cada peque participante deberás cubrir un formulario e enviar un ticket de compra diferente.

Este ticket debe enviarse dentro do prazo indicado; unha vez recibido, reconfirmaremos a túa praza por correo. Se non o envías no prazo e forma establecidos, a praza liberarase automaticamente para que poida ser utilizada por outras familias.

A inscrición implica tamén a subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos con moito coidado: comunicamos pouco, sempre con contido útil que  serve para fortalecer a comunidade local e manterte ao día das actividades.




Sold Out
Event Info
Lugar
A Capela
--A Capela--
--A Capela--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos
Default

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto