Ir ao contido
  •  Teléfono: 608 549 011
arteixocca
  • 0
  • Sign in
  • Próximos eventos
  • ​
arteixocca
  • 0
    • ​
  •  Teléfono: 608 549 011
  • Sign in
  • Próximos eventos
All Events
  • All Events
  • Mímica de Dereitos, da man de PE Studio
 
Registrations Closed

Mímica de Dereitos, da man de PE Studio

Actividades de Nadal para peques e familias

INFORMACIÓN XERAL

Este taller está pensado para as nenas e nenos de Arteixo xunto coas súas familias, e forma parte das actividades creadas pola Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo.

Estamos moi orgullosas de contarche que esta proposta nace grazas á gran rede de pequenas empresas que temos en Arteixo, e que foi deseñada e posta en marcha por unha empresa da Asociación.

É unha actividade gratuíta, sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10 € por cada inscrición realizada.

Trátase dun taller para desfrutar en familia, polo que é imprescindible que cada peque veña acompañada/o dunha persoa adulta que participará activamente axudando no desenvolvemento da actividade.

Cada nena ou neno require unha inscrición independente. A mesma persoa adulta pode acompañar a varios menores, sempre que poida atendelos a todas e todos durante o taller.

Unha vez fagas a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza e as instrucións para enviarnos a foto do ticket nun prazo determinado.

Unha vez recibamos o ticket correctamente, escribiremos de volta para recoñecer a túa praza.

No caso de non enviar o ticket na forma e nos prazos indicados, a praza liberarase automaticamente para que outras familias poidan utilizala.

A inscrición vai ligada a  subscrición ao boletin de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo.

Esta propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.

Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.


DETALLES TALLER

Este Nadal imos xogar, sentir e aprender en familia.

Da man de PE Studio – Periodismo Social, unha entidade que dende Arteixo leva anos defendendo o bo trato á infancia e facendo visible o invisible, propoñémosche un taller único para compartir entre peques e as súas familias

Un xogo de mímica, risas e descubrimentos onde cada nena e neno representará, só con xestos, un dereito ou deber da infancia. Porque ás veces, cando non usamos palabras, entendemos mellor o que é importante.

Despois, cada familia debuxará ou escribirá aquilo que máis lle resoa:

• o dereito que máis valora e por que

• ou ese deber que lle custa tanto e como se sente cando o cumpre… ou non

Ao final, formaremos un círculo arredor de todos os debuxos, como quen protexe un tesouro colectivo: os dereitos e o benestar da infancia, que só se manteñen vivos cando os coidamos entre todas.

Un espazo seguro, creativo e cercano para educar, sensibilizar e lembrar o esencial: moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas… pode cambiar o mundo.

Idades: Peques de 5 a 12 anos

Onde, cando e duración

Lugar: Capela do Balneario

Data: Luns 29 de Decembro

Hora: 17:00h

Duración: 60 minutos

Para participar nesta actividade

É necesario cubrir o formulario online de inscrición. 

Ao facelo, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza xunto coas indicacións para enviarnos a foto dun ticket ou recibo, de compra mínima de 10 € nalgun dos establecementos do CCA.

Por cada peque participante deberás cubrir un formulario e enviar un ticket de compra diferente.

Este ticket debe enviarse dentro do prazo indicado; unha vez recibido, reconfirmaremos a túa praza por correo. Se non o envías no prazo e forma establecidos, a praza liberarase automaticamente para que poida ser utilizada por outras familias.

A inscrición implica tamén a subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos con moito coidado: comunicamos pouco, sempre con contido útil que  serve para fortalecer a comunidade local e manterte ao día das actividades.




Registrations Closed
Event Info
Lugar
A Capela
--A Capela--
--A Capela--
 Cómo chegar
Organizador
Asociación das Empresas de Arteixo
34608549011
ola@empresasarteixo.org
Share

Find out what people see and say about this event, and join the conversation.

Tickets
Lista de prezos: Default Lista de prezos
Default

Podemos axudarche?

Contacta con nos en calquera momento

Por teléfono ou WhatsApp

608​ 54 ​90 1​1

Por correo electrónico

cca@ccaarteixo.com

Segue en contacto


  • Inicio
  • •
  • Política de cookies
  • •
  • Política de privacidade
  • •
  • Aviso Legal
  • •
Copyright © AEMA
Powered by Odoo - The #1 Open Source eCommerce

Utilizamos cookies para ofrecerle una mejor experiencia de usuario en este sitio web. Política de cookies

Solo las necesarias Acepto