Coroas de Nadal, da man de Seoane Textil
Actividades de Nadal para peques e familias
INFORMACIÓN XERAL
Este taller está pensado para as nenas e nenos de Arteixo xunto coas súas familias, e forma parte das actividades creadas pola Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo.
Estamos moi orgullosas de contarche que esta proposta nace grazas á gran rede de pequenas empresas que temos en Arteixo, e que foi deseñada e posta en marcha por unha empresa da Asociación.
É unha actividade gratuíta, sempre que presentes un ticket ou recibo de compra de mínimo 10 € por cada inscrición realizada.
Trátase dun taller para desfrutar en familia, polo que é imprescindible que cada peque veña acompañada/o dunha persoa adulta que participará activamente axudando no desenvolvemento da actividade.
Cada nena ou neno require unha inscrición independente. A mesma persoa adulta pode acompañar a varios menores, sempre que poida atendelos a todas e todos durante o taller.
Unha vez fagas a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza e as instrucións para enviarnos a foto do ticket nun prazo determinado.
Unha vez recibamos o ticket correctamente, escribiremos de volta para recoñecer a túa praza.
No caso de non enviar o ticket na forma e nos prazos indicados, a praza liberarase automaticamente para que outras familias poidan utilizala.
A inscrición vai ligada a subscrición ao boletin de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos de forma moi coidada: enviamos pouca comunicación, sempre útil, e serve para manter o vínculo da comunidade, avisar de novas actividades e seguir fortalecendo entre todas a rede de pequenas empresas que dá vida ao noso pobo.
Esta propostas existen grazas á implicación das pequenas empresas de Arteixo, que sosteñen a vida cultural, social e económica do municipio durante todo o ano.
Participar é tamén unha forma de apoiar o que está preto, o que é noso.
DETALLES DO TALLER
Este Nadal imos enredarnos (literalmente!) entre tecidos e moita creatividade.
Da man de Seoane Textil, empresa socia do CCA especializada en tecidos, confección, deseño e artesanía, propoñémosche un taller familiar onde cada peque construirá a súa propia coroa de Nadal empregando retallos de tea, convertendo o sinxelo e o reutilizado nun adorno cheo de vida.
Unha actividade perfecta para compartir tempo xuntas, aprender a transformar pequenos materiais en algo bonito e descubrir que a decoración máis especial é a que se fai coas mans e en compañía.
Co apoio dunha persoa adulta que o acompañe, cada nena e neno creará paso a paso unha coroa que poderá levar á casa como adorno de Nadal e como recordo dun intre creativo en familia.
Un taller para:
• estimular a creatividade a través da textura e os tecidos
• descubrir o valor de reutilizar e darlle nova vida aos materiais
• crear un adorno único que será parte do Nadal en casa
Idade: Peques de entre 3 e 10 anos
Onde, cando e duración
Lugar: Capela do Balneario
Data: Luns 22 de Decembro
Hora: 17:30h
Duración: 2 horas
Para participar nesta actividade
É necesario cubrir o formulario online de inscrición.
Ao facelo, recibirás un correo electrónico de confirmación de praza xunto coas indicacións para enviarnos a foto dun ticket ou recibo, de compra mínima de 10 € nalgun dos establecementos do CCA.
Por cada peque participante deberás cubrir un formulario e enviar un ticket de compra diferente.
Este ticket debe enviarse dentro do prazo indicado; unha vez recibido, reconfirmaremos a túa praza por correo. Se non o envías no prazo e forma establecidos, a praza liberarase automaticamente para que poida ser utilizada por outras familias.
A inscrición implica tamén a subscrición ao boletín de noticias da Asociación das Pequenas Empresas de Arteixo, que usamos con moito coidado: comunicamos pouco, sempre con contido útil que serve para fortalecer a comunidade local e manterte ao día das actividades.